Colección “Mestre Mateo”
- Dimensións
- 20 x 14 cm
- Temática
- Obras no exilio
- Serie
- Editorial Citania
A Editorial Citania, fundada e dirixida por Luís Seoane desde Arxentina, foi a pesar do seu curto percorrido (1957–1959), de gran importancia polo seu esforzo no fomento do diálogo transatlántico e na difusión da obra de autores galegos exiliados ou censurados en España. Seoane dotou dunha personalidade gráfica distinta a cada unha das cinco coleccións da editorial, sendo “Mestre Mateo” na que se publicaron obras de narrativa e teatro. No seu deseño, Seoane aplica criterios de economía de medios, buscando maximizar o impacto visual mediante un uso estratéxico dun número limitado de tintas. A imaxe, que se estende a portada e contraportada, presenta un estilo próximo á súa produción pictórica, no que se perciben filiacións formais con Fernand Léger e Paul Klee, tanto no tratamento das formas e como no ritmo compositivo. A tipografía xeométrica contribúe á modernidade da composición.
- Créditos
-
Editorial Citania
- Fonte
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Libro “Catón galego”
Colección “A Herba de Namorar”
Colección “Martín Sarmiento”