Colección “Martín Sarmiento”
- Dimensións
- 24 x 18 cm
- Temática
- Obras no exilio
- Serie
- Editorial Citania
Citania, impulsada e dirixida por Luís Seoane en Bos Aires, tiña como propósito promover os autores galegos censurados no país e os exiliados en América. A colección “Martín Sarmiento” estivo dedicada a temas económicos e xurídicos de Galicia, e desenvolveu unha identidade visual propia dentro da editorial. No deseño das súas portadas percíbese a influencia do movemento da arte concreta, especialmente na procura dunha sintaxe visual depurada e na aparente simplicidade estrutural das composicións. As cubertas combinan formas abstractas estilizadas, impresas en dúas tintas mediante recursos de solapamento e contraste, cunha composición tipográfica en maiúsculas. A redución de medios convértese nun principio central para a creación de impacto visual.
- Créditos
-
Editorial Citania
- Fonte
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Colección “Mestre Mateo”
Libro “Catón galego”
Colección “A Herba de Namorar”