Colección “A Herba de Namorar”
- Dimensións
- 21,5 x 14 cm
- Temática
- Obras no exilio
- Serie
- Editorial Citania
A colección de poesía “A Herba de Namorar” foi unha das cinco publicadas pola Editorial Citania en Bos Aires (1957–1959). Citania, impulsada e dirixida por Luís Seoane, tiña como propósito promover os autores galegos censurados en España e os exiliados en América. Como podemos ver na portada de “As cicatrices” (1959), Seoane experimenta nesta etapa coas texturas da xilografía, logrando composicións case abstractas nas que emprega a superposición estratéxica de tintas para expandir a gama cromática e xerar profundidade visual. A tipografía con remates —de corte clásico— vai impresa en negro e superposta á imaxe, funcionando como contrapeso formal.
- Créditos
-
Editorial Citania
- Fonte
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Colección “Mestre Mateo”
Luís Seoane
\
1957–1959
Libro “Catón galego”
Colección “Martín Sarmiento”
Luís Seoane
\
1957–1959
Cartel “Presencia de Galicia”
Luís Seoane
\
1975