Libro “Catón galego”
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 23 x 17,5 cm
Un catón é un manual para o ensino da lectura e o vocabulario. O primeiro en galego foi escrito pola mestra e pedagoga Xosefa Iglesias Vilarelle e editado polo Seminario de Estudos Galegos baixo o título “Método de lectura” en 1932. Tiveron que pasar máis de tres décadas, nun contexto sociolingüístico complexo coa censura da época, para que a segunda publicación desta tipoloxía na nosa lingua saíse do prelo. Editado baixo o coidado do propio Isaac Díaz Pardo en Ediciós do Castro, como se indica no colofón, e con limitar de Xesús Alonso Montero, este manual escrito por Xosé Ramón Fernández, —coñecido como Ben-Cho-Shey— adopta un estilo máis visual que o seu predecesor. Inclúe numerosas ilustracións da artista Bea Rey, integradas nunha maquetaxe libre e dinámica que lle confiren un carácter lúdico-didáctico.
O libro consta dunha primeira parte máis colorista, con xogos de dúas ou tres tintas, e unha segunda parte con texto (poemas, cantigas, contos e até oracións) en negro. Tamén atopamos páxinas dedicadas aos símbolos da Galicia como o himno e a bandeira.
Esta alfaia editorial dedicada ás crianzas leva unha cuberta deseñada por Luís Seoane desde a diáspora. A ilustración, no seu inequívoco estilo, representa dúas figuras cun cromatismo moi vivo en vermello e laranxa, acompañadas dun abecedario manuscrito en maiúsculas, entre o que se poden ler algunhas palabras curtas como “mai” e “ pai”. O título vai sobreimpreso de maneira rotunda en negro, para favorecer a lectura no entramado visual da portada.
A relación epistolar entre Díaz Pardo e Seoane dá conta da evolución da publicación, entre outras lides da editora e Sargadelos, en varias cartas que se poden ler na páxina web do Consello da Cultura Galega.
- Créditos
-
Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Shey” (texto)
Luís Seoane (deseño da cuberta)
Bea Rey (ilustracións interiores)
Isaac Díaz Pardo (editor)
Imprenta Moret (impresión) - Dereitos
-
© Edición do Castro (e cada unha das autorías de texto e ilustracións da publicación)
Relacionados - Arquivo do deseño
Cuberta “Xente ao lonxe”
Cartel “Para arrematar cos caciques, cando votedes o Estatuto poñede SI”
Cartel “SI é o que debe pór todo bon galego cando vote o Estatuto”
Cartel “Las dos simbolizan libertad”
Relacionados - Recursos
The “Other” Typographic Models. The Case of Galician typography as identity assertion
- Natalia Crecente e Marcos Dopico
- 2018
Influencia del patrimonio en la identidad gráfica y tipográfica del Laboratorio de formas de Galicia.
- Marcos Dopico e Rebeca Ces
- 2020