1939-rotulo-calzados_doval-01
1939-rotulo-calzados_doval-02

Rótulos “Calzados Doval”

A tenda de calzado Doval estaba situada na rúa Conde Pallares, no número 5. Abriu en 1939 e pechou as súas portas no ano 2020. As fotografías son do ano 2011. Nos últimos anos xa non conservaba a rotulación das fotografías. Contaba con dous letreiros: un vertical co nome DOVAL –coas letras distribuídas en 5 círculos– e outro horizontal coa palabra Calzados escrita con letras conectadas. Ámbalas dúas incluían tubos fluorescentes de luz azul.

Créditos

Jorge Lens (fotografía)

Fonte
Dereitos

Fotos © Jorge Lens. Tódolos dereitos reservados 

1939-rotulo-calzados_doval-01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos