Recursos web

Compostela etno(gráfica)

Autoría
Aldara Cidrás
Ligazón
www.instagram.com
Categoría
Mobiliario
Disciplina
Deseño industrial e de produto
Descrición
Colección de imaxes da gráfica comercial en Santiago de Compostela froito dunha investigación que estuda a gráfica comercial do casco histórico de Santiago de Compostela, dende comezos do século XX ata hoxe, para reflexionar sobre o desenvolvemento urbano, poñendo o foco nos procesos de xentrificación e turistificación que afectan á cidade e ao patrimonio. Parte do traballo de investigación consistiu na pescuda de rotulación histórica desaparecida en Compostela e na catalogación da rotulación comercial actual, en perigo de perderse por mor das transformacións socioeconómicas que está vivindo nos últimos anos a zona monumental da cidade.