1880-cuberta-follas_novas

Cuberta “Follas Novas”

Formato/tipoloxía
Dimensións
22 x 14 cm

En 1880 a editorial habaneira La Propaganda Literaria edita este libro de poemas en galego de Rosalía de Castro. Rosalía contou co apoio económico dos emigrantes galegos en Cuba en diversas ocasións. A súa morte provocou unha gran conmoción, os galegos en América fixeron e fomentaron numerosas homenaxes, sendo os promotores da creación da Casa-Museo de Rosalía en Padrón.

O libro, coas súas 271 páxinas, está dispoñible na Biblioteca Dixital de Galicia. Os poemas están precedidos dun extenso prólogo de 16 páxinas de Emilio Castelar e unha introdución de 6 páxinas da propia autora.

Créditos

Rosalía de Castro (autora)
Emilio Castelar (prologuista)
Aurelio J. Alaria (impresor)
La Propaganda Literaria, Habana (edición)

Fonte

Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega

1880-cuberta-follas_novas

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos