Portada da revista “Galicia Gráfica”
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 26 x 18 cm
Portada da revista ilustrada semanal “Galicia Gráfica”, editada na Coruña entre 1926 e 1929. Dirixida por F. Montero de Doíztua, foi a continuadora en contidos, estrutura e numeración da publicación “Galicia” (1924–1926). Amais de noticias de actualidade e reportaxes sobre artistas, incorpora referencias á cultura galega. O semanario, eminentemente visual, acompaña os textos de ilustracións e fotografías, moitas delas estampas coruñesas.
Entre as colaboracións habituais destacan os nomes de Manuel Crestar, Francisco Cano Aspe, Eduardo Pérez Hervada, Ramón del Valle Inclán, Manuel Abelenda, Pascual Sigüenza, Eladio Rodríguez González e Lolita Díaz Baliño. A artista galega, autora da ilustración da portada deste exemplar, ademais doutros recursos gráficos para seccións interiores, xa colaborara na etapa anterior da revista e continúa a realizar obras de marcado carácter modernista con mulleres como protagonistas -estilizadas, elegantes e independentes-, que atoparemos tamén no traballo de Federico Ribas. Estas ilustracións contrastan coas de inspiración costumista e folclórica que debuxa para a revista “Mariñana” ou “Céltiga”.
Do número 115 ao 118 a cabeceira da revista adopta formato vertical. As letras de trazado groso, xeométricas e modulares, aparecen reproducidas a unha tinta e centradas na portada, que vai impresa en papel cristal, deixando entrever a ilustración que se reproduce na páxina seguinte. Esta composición, pouco frecuente, incluía o escudo de Galicia e o prezo da publicación. En números posteriores a cabeceira volvería ser horizontal, con caracteres similares aos anteriores, aínda que algo máis ornamentais.
Na Galiciana pódense consultar algúns exemplares completos da publicación dos años 1926 e 1929, que tamén recollen numerosas insercións publicitarias da época.
- Créditos
-
Federico Montero de Doíztua (director)
Dolores Díaz Baliño (ilustración)
Imprenta Moret - Fonte
- Dereitos
-
Orixinal: Real Academia Galega
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia
Relacionados - Arquivo do deseño
Portada “Cantigas e verbas ao ar”
Revista “Céltiga”
Portada revista “Alfar”
Cabeceiras “Andaina. Revista do movemento feminista galego” (primeira época)
Relacionados - Recursos
Ánxel Casal, un editor para un país: Catálogos de Lar e Nós
- Alfonso Mato , Mercedes Bangueses Vázquez , Ernesto Vázquez Souza , Isaac Díaz Pardo , Ramón Villares Paz e María de Lourdes Pérez González
- 2007