Mesa escritorio Cervigón
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 77 x 150 x 93 cm
- Produción
- Hijos de Emilio Cervigón Carreras
- Materiais
- Raíz de érbedo Caoba Madeira
Este escritorio art déco que integra un conxunto de tres pezas —con armario libraría e sillón— encargado á casa Cervigón para o despacho dunha vivenda sita no nº22 do Cantón Pequeno da cidade da Coruña.
“Nas tres pezas utilizouse madeira de caoba maciza para as estruturas e interiores, mentres, as superficies exteriores van cubertas con chapa de raíz de érvedo. A combinación de madeiras nobres e exóticas confire ao conxunto cualidades decorativas e un aspecto luxoso que se perciben con maior nitidez na simplicidade das formas e a composición, a base de volumes xeométricos.
O taboleiro da mesa é rectangular con tapa de raíz de érbedo e un marco de caoba no que se aloxa un caixón con fechadura. Vai encaixado en dous corpos laterais de frontes redondeadas e portas planas no lado oposto —con fechadura para acceder ás baldas do interior—, que se apoian sobre zócolos de caoba con molduras e unha base lixeiramente maior. A chapa de raíz de érbedo cobre a fronte, os laterais e as portas destes dous elementos, así como o panel frontal que os une.
O máis destacable destes mobles é a súa configuración a base de volumes xeométricos moi definidos e rotundos, que se alixeiran mediante o movemento de planos, a diferenza de alturas e introducindo espazos baleiros. As superficies planas e os ángulos rectos ceden protagonismo á curva, que se destaca e se traballa con especial esmero como mostra da destreza na ebanistería, e que confire aos mobles Cervigón o aspecto de calidade e solidez que os caracterizae que sobrevive ao paso do tempo”.
Texto: Barro Rey, I. (2015), “Cervigón: lujo art decó en Galicia. Res Mobilis”, 4(4), 203–210 (traducido)
- Fonte
-
Colección privada. A Coruña
- Dereitos
-
Fotografía e texto: Isabel Barro Rey CC-BY 4.0
Fotografía: Isadora Art Decó
Relacionados - Arquivo do deseño
Armario libraría Cervigón
Mesa PYMA
Cadeira antropomórfica e mesa