1994-Identidade_CIG-Xose_Maria_Torne_01
1994-Identidade_CIG-Xose_Maria_Torne_02
1994-Identidade_CIG-Xose_Maria_Torne_03

Logotipo CIG

Formato/tipoloxía

A Confederación Intersindical Galega (CIG) é un sindicato fundado en 1994. O seu logotipo, deseñado por Xosé María Torné, insírese nas iniciativas desenvolvidas durante as décadas de 1980 e 1990, posteriores á transición, orientadas á creación de símbolos corporativos e institucionais. Estes proxectos procuraban tanto a recondución visual cara a unha nova realidade social e política como a incorporación de elementos culturais galegos.

Torné reserva os símbolos nacionais —a estrela e a diagonal azul— para campañas e pezas concretas, reforzando así a separación entre unha identidade corporativa estable e un discurso político e reivindicativo de carácter variable. O logotipo da CIG forma parte dunha identidade sindical moderna, capaz de manterse recoñecible ao longo de décadas.

1994-Identidade_CIG-Xose_Maria_Torne_01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos