Logotipo do Concello de Santiago
- Formato/tipoloxía
O logotipo do Concello de Santiago é bo un exemplo de marca gráfica institucional desvinculada da heráldica. A proliferación e abundancia dalgúns elementos figurativos como o cáliz, a vieira ou a cruz de Santiago, creou a necesidade de buscar un deseño distintivo que se afastase doutras indentidades. En 1988 Albert Permuy deseñou un símbolo baseado na fachada principal da catedral, cunha silueta estilizada. Nun xogo visual, dezasete liñas verticais afiadas recrean as tres torres, abrindo camiños de luz dende a base ata a o extremo superior. A tipografía seleccionada foi a Globe Gothic Bold, unha “sans” con contraste, deseñada orixinalmente por Frederic Goudy en 1912.
Podemos ver o símbolo en moitos elementos do mobiliario urbano, como bancos, tapas de sumidoiros ou placas de rúa. En moitas ocasións o símbolo perde certos rasgos da súa forma orixinal para facilitar a reprodución en madeira ou ferro; aínda así, a silueta de dezasete liñas é recoñecida como identificador do Concello. É tamén habitual ver como a tipografía do logotipo non é respectada en moitos destes usos, xa sexa polas dificultades para reproducila ou pola falta de supervisión e coidado no proceso de produción.
A adopción desta marca gráfica supuxo un antes e un despois na imaxe que o concello e a cidade proxectaban. Tras case 40 anos cumprindo a súa función identificadora, a súa eficacia e atemporalidade están amplamente demostradas.
- Fonte
- Dereitos
-
© Alberte Permuy
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel “Plántate. Vive sen tabaco”
Logotipo Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra
Logotipo CIG