1936-cartel_las_dos_simbolizan_libertad-isaac_diaz_pardo

Cartel “Las dos simbolizan libertad”

Formato/tipoloxía
Dimensións
42.5 x 30 cm

Con só quince anos, o estudante de bacharelato Isaac Díaz Pardo participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. A campaña de carteis estaba dirixida polo seu pai, Camilo Díaz Baliño, e a contribución de Díaz Pardo inclúe 5 pezas, das cales esta é a única que asinou. A iconografía da estrela Branca como símbolo de liberdade estaba tamén presente na obra do seu pai. O deseño baséase na simplificación e na síntese, dúas características fundamentais do cartelismo político de preguerra. O carácter directo, a ausencia de detalles superfluos e a combinación de imaxe alegórica con mensaxe contundente responden ao obxectivo de mobilizar emocionalmente ao espectador.

Créditos

Imprenta Litografía M. Roel

Fonte

Isaac Díaz Pardo Memoria viva. Fundación Cidade da Cultura

1936-cartel_las_dos_simbolizan_libertad-isaac_diaz_pardo

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos