Lapis Johann Sindel
- Dimensións
- ø 0,7 x 19 cm (variable)
- Serie
- Lapis Johann Sindel
- Produción
- Hispania S.L., Ferrol
- Materiais
- Grafito Madeira de cedro americano
A fábrica de lapis Hispania foi unha iniciativa do representante de material de escritorio Alberto Fernández Martín e do ebanista Antonio Tella Vivero. En 1934 Alberto funda a empresa xunto a un grupo de socios capitalistas. Antonio será o encargado da fabricación pero nunca chegará a ter parte na sociedade. Tras máis de 20 anos exercendo como director técnico, as diferenzas coa dirección levan a Antonio Tella a romper a súa relación coa empresa. En 1964, xa fóra de Hispania, Antonio funda Industrial de Lápices S.A. (ILASA) e continúa facendo lapis.
Os lapis Johann Sindel estaban feitos con madeira de cedro e mina de grafito. Houbo varios modelos, con distintas combinacións de cores e gravados. A sección podía ser circular ou hexagonal. O seu coidado deseño e calidade fixeron de Hispania unha marca recoñecida e referente. Chegou á vender ata 180.000 lapis ao día, dentro e fóra de España.
- Fonte
-
Colección privada Juan Vidal (Ferrol)
- Dereitos
-
Colección Juan Vidal.
Fotografía: Juan Vidal
Relacionados - Arquivo do deseño
Abrelatas “El explorador español”
Táboa “Rufo’s Surfboards”
Cociña económica Malingre TIPO 3, MODELO 1