1982-táboa-rufo_s_surfboards-francisco_rufino_tizon___responsive_2560_1926

Táboa “Rufo’s Surfboards”

Formato/tipoloxía
Dimensións
221 x 54,5 x 8 cm Volumen: 50 litros
Serie
Surf

Táboa de surf de lonxitude media, “midlength”. Ten un núcleo de espuma de poliuretano cuberto por varias capas —ou estratificación— de fibra de vidro e resina. Encolada no centro vai a alma central, de madeira. Presenta cores azul e vermella para a parte superior e as quillas, e amarelo, crema e vermello por debaixo.
O máis característico é a súa cola en forma de anduriña e o moldeado de dous “wingers”, un en cada lado. Un deseño que reduce o ancho da táboa na zona da cola para darlle maior marxe de manobra e velocidade. Os cantos duros, cun bordo afiado na súa zona inferior, favorecen que a auga flúa por debaixo da táboa, obtendo un menor rozamento e, polo tanto, unha maior velocidade e agarre. A táboa conta con tres aletas, dúas laterais fixas, colocadas preto dos bordos, e unha central, móbil. 
Rufino Tizón deseñou e fabricou máis de 300 táboas, entre 1972 e 1983. É considerado unha figura determinante na historia do surf en Galicia.
Texto: Jesús Busto

Fonte

Colección privada. Francisco Rufino Tizón. A Coruña.

Dereitos

Fotografía: Jesús Busto

1982-táboa-rufo_s_surfboards-francisco_rufino_tizon___responsive_2560_1926

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos