Cuberta “Viaje y fin de Don Frontán”
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 19 x 12,5 cm
Carlos Maside deseñou a cuberta desta peza teatral tráxica de Rafael Dieste. A comezos da década dos anos trinta, a produción gráfica de Maside amosa a influencia das vangardas europeas —expresionismo e fauvismo—, recibida durante a súa viaxe a París na década anterior. A cuberta presenta unha composición de carácter expresionista, resolta mediante formas planas e contrastes cromáticos acusados. O deseño está dominado por unha escena central na que aparecen as figuras estilizadas do pai e do fillo, protagonistas da obra, dispostas en diagonal, cun xogo de inversión e contrapunto que suxire conflito e inestabilidade. Esta escena complétase cunha rotulación xeométrica de influencia vangardista.
- Créditos
-
Editorial Niké
- Dereitos
-
Foto © Fundación DIDAC
Relacionados - Arquivo do deseño
Portada da revista “Industria Conservera”
Carlos Sobrino,
Federico Ribas Montenegro,
Mario González,
Riego,
Manuel Torres,
Carlos Maside
\
1934 – 1939
Cartel de Vigo
Carlos Maside
\
1929
Cuberta “Estampas Compostelanas”
Federico Ribas Montenegro
\
1927
Cuberta “Follas Novas”
Autoría descoñecida
\
1880
Relacionados - Recursos
Ánxel Casal, un editor para un país: Catálogos de Lar e Nós
- Alfonso Mato , Mercedes Bangueses Vázquez , Ernesto Vázquez Souza , Isaac Díaz Pardo , Ramón Villares Paz e María de Lourdes Pérez González
- 2007