Ilustración de Federico Ribas
i
Ilustración de Carlos Maside
i
Ilustración de Riego
i
Ilustración de Federico Ribas (‘A Camariñana’)
i
Ilustración de Riego
i
Ilustración de Carlos Sobrino
i
Ilustración de Manuel Torres
i
Ilustración de Mario González
i

Portada da revista “Industria Conservera”

Formato/tipoloxía
Dimensións
22 x 28 cm

“Industria Conservera” nace en 1934 como revista especializada do sector das conservas, centrada especialmente na industria conserveira galega e española, que servía como publicación técnica e informativa para empresas, profesionais e institucións vencelladas á transformación e conservación de produtos do mar e outros alimentos.

A implicación de artistas no deseño das portadas de Industria Conservera revela unha clara vontade de dotar é publicación dun estatuto cultural e visual que transcendía o puramente técnico.

Federico Ribas, de orixe viguesa, realizou na década dos 30 dous deseños para a portada. O primeiro de Ribas publicouse en xuño de 1934, e presenta unha escena con dous traballadores transportando unha gran caixa. A escena evita a representación costumista do mariñeiro galego, presentando unha visión heroizada e racionalizada do traballo, próxima á iconografía internacional da modernidade industrial da época. O deseño repítese con variacións cromáticas ata febreiro de 1935.

O segundo deseño de Ribas, ‘A Camariñana’, de xaneiro de 1936, presenta o traballo feminino como un elemento clave da cadea produtiva. De novo, a composición contribúe a asociar a conserva non só á industria, senón tamén a unha idea de “Galicia produtiva” e contemporánea.

É habitual nas portadas de Industria Conservera a repetición dun mesmo motivo con variacións cromáticas; por exemplo, existen doce variacións de “A Camariñana”. Esta estratexia permitía non só reempregar a mesma matriz gráfica, aforrando recursos, senón tamén crear unha serie visual recoñecible, reforzando a identidade da revista e a súa continuidade no tempo.

Outro nome clave é Carlos Maside, que realizou un deseño de portada publicado en marzo de 1935, cunha escena de mariñeiros traballando nunha dorna. De novo, o deseño repítese con variacións cromáticas entre abril e setembro do mesmo ano, sempre con predominio dos amarelos en ambas as figuras.

No caso de Maside, a súa implicación encaixa coa súa convicción de que a arte debía chegar á maioría social, algo que, segundo María Esther Rodríguez Losada, “paradoxalmente coincidía cos intereses economicistas da empresa e da industria en xeral”.

Entre outubro e decembro de 1935 a ilustración da portada correu a cargo de Riego. A imaxe destaca pola hibridación de linguaxes. A figura humana preséntase mediante unha combinación de tratamento realista no rostro (case fotográfico) e simplificación extrema no corpo, resolto a base de planos de cor e liñas mínimas. 

Un segundo deseño de Riego aparece en xaneiro de 1938, reemprazado por unha escena costumista de Carlos Sobrino na edición de Xullo-Setembro do mesmo ano. 

Mario González e Manuel Torres contribuíron con deseños de portada ao longo de 1939.

Créditos

Litografía e Imprenta M. Roel

Fonte

Orixinal: Museo ANFACO de la Industria Conservera 

Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

1934_1939-Portada_Revista_Industria_Conservera-n01-Federico_Ribas

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos