Cuberta “O vento segrel”
- Dimensións
- 15 x 12 cm
- Serie
- Editorial Nós
A portada deste poemario de Augusto Casas presenta unha composición de grande simplicidade formal: unha escena fragmentada e de clara inspiración cubista, característica da estética vangardista de Cándido Fernández Mazas nos anos trinta. A elección dunha tipografía sen remates reforza o carácter moderno do deseño. A colección de libros da editorial de Ánxel Casal convertiuse nun dos principais focos de renovación estética e cultural da preguerra. A participación de Fernández Mazas, un dos artistas máis innovadores da súa xeración, sitúaa como un claro exemplo da modernización do deseño editorial galego.
- Créditos
-
Editorial Nós
- Dereitos
-
Imaxe © Museo do Pobo Galego
Relacionados - Arquivo do deseño
Portada revista “Alfar”
Proxecto cartel Caja de Ahorros Monte de Piedad
Cándido Fernández Mazas
\
1925
Cuberta “Estampas Compostelanas”
Federico Ribas Montenegro
\
1927
Cuberta “Follas Novas”
Autoría descoñecida
\
1880