Portada programa Festas A Coruña 1920
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 23 x 12 cm
- Temática
- Festas e festivos
Portada do programa oficial das Grandes Festas da Coruña, no que aparece o cartel de Rafael Barros e dous anuncios publicitarios. Na parte superior vemos un texto con referencia ao Palace Hotel e na faixa inferior un faldón da fábrica de chocolates “La Proveedora Gallega”. O cartel de estética modernista presenta a figura de dous bañistas cor mar de fondo. En primeiro plano aparece unnha muller cos pés e as mans cruzadas e, destrás, un home que parece querer cubrila cunha toalla. Enmarcando a ilustración lemos, en maiúsculas, o nome da cidade (LA CORUÑA) e o ano (VERANO 1920). Estes textos están debuxados con letras decorativas tamén de estilo modernista.
- Créditos
-
Imprenta Roel
- Fonte
-
Orixinal: Biblioteca de Galicia
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Programa Festas A Coruña 1928
Portada revista “Alfar”
Cabeceiras “Andaina. Revista do movemento feminista galego” (primeira época)