1909-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-01
1913-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-41
1917-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-81
1920-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-153
1924-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-244
1925-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-275
1931-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-496
Formato/tipoloxía
Dimensións
31 x 22 cm

Con preto de 800 números publicados, “Vida Gallega” pode considerarse a revista ilustrada de maior tirada, lonxevidade e influencia do seu tempo. As súas páxinas centrais impresas en ocogravado foron unha crónica do acontecer diario da vida galega, con abundante material gráfico, especialmente do propio Jaime Solá, e de Xosé Gil, o seu primeiro director artístico. Colaboraron tamén os máis sinalados fotógrafos das cidades, retratistas das vilas e afeccionados á fotografía. Na revista apareceron os máis importantes acontecementos sociais e políticos que se sucederon en Galicia e nas comunidades de emigrantes galegos. Foi suspendida entre os anos 1938 e 1954. Tivo unha segunda época entre 1954 e 1963 cando Xosé Iglesias Presa adquiriu a revista. 

A portada do primeiro número, impresa a toda cor, presenta unha ilustración costumista de Castelao, realizada nos seus primeiros anos de actividade artística, cando comezaba a consolidar o seu estilo persoal. A cabeceira de letra debuxada reflicte a vontade da publicación de proxectar unha identidade visual propia, en sintonía co espírito galeguista e coa estética das revistas ilustradas europeas do momento. Compartimos algúns exemplos de portadas, con cambios de deseño da primeira etapa da revista.

Créditos

Jaime Solá (director)
Fabriciano Fernández Serra (director, 1955–1963)
Tipografía y litografía de Auber y Pla, Barcelona (imprenta)

Fonte

Orixinal: Biblioteca de Galicia
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

1909-revista-vida_gallega-xose_gil_gil-01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos