Mascota Pelegrín
- Formato/tipoloxía
Mascota creada para a promoción do Ano Santo compostelán de 1993. Foi unha das imaxes promocionais máis difundidas do Xacobeo 93, un intenso plan turístico-cultural que a Xunta de Galicia desenvolveu durante ese ano e que, a partir de entón, acompaña a cada Ano Santo. Esta personaxe, de natureza incerta e corpo xeométrico, foi creada por Luis Esperanza na axencia de publicidade de Luis Carballo. Foi reproducida en multitude de soportes e formatos, entre os máis comúns atopamos os pins e as camisetas, pero tamén se fixeron pezas de animación. É un deseño de formas básicas e cores vibrantes. O seu corpo está composto de formas cónicas; mentres, a cabeza ten unha forma máis orgánica con dous grandes ollos circulares. A súa xestualidade limitábase ao movemento do conos, non tiña nin nariz nin boca. A miúdo levaba un bastón cunha cabaza. Conviviu con outras mascotas moi populares, como Curro na Expo de Sevilla ou Cobi e Petra nos Olimpíadas de Barcelona. Pelegrín foi a imaxe da Volta Ciclista a España en 1992, polo que para a inauguración do Ano Santo Xacobeo 93 xa era amplamente coñecida. É parte do imaxinario da época dentro e fóra de Galicia, aínda que hoxe —en 2025— xa non se usa oficialmente como mascota.
- Fonte
-
Anuncio en “As mulleres somos” [Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura; 1991, n. 10, páxina 25] vía Consello da Cultura Galega
Pegatinas e pins: Colección Irmás Ramos Silva e Colección Bragaña-Boo - Dereitos
-
CC BY-SA 4.0
Fotografías de Luis Díaz Díaz para AR\DE
Anuncio en “As Mulleres somos” [Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura n. 10]
Relacionados - Arquivo do deseño
Publicidade Conservas Massó
Anuncios Sardinas Massó
Publicidade Termas de Cuntis