Bibliografía impresa

Os rótulos da nosa vida

Autoría
Ana Cocho Jorge Lens Robert Willemse
Ligazón
editorialgalaxia.gal
Editorial
Galaxia
Ano de publicación
2025
ISBN
9788411765121
Disciplinas
Deseño tipográfico Deseño gráfico
Categorías
Sinalización Letra debuxada
Tipo de publicación
Libro
Descrición
Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.